Falece Rubén García, un nome fundamental do teatro galego

Foi director da Mostra de Ribadavia e da Feira de Artes Escénicas

22/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O que fora director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e mais da Feira Galega de Artes Escénicas, Rubén García, faleceu na tarde de onte logo dunha longa enfermidade. A Casa da Cultura de Ribadavia acollerá hoxe o velorio do seu corpo. García recibira nos últimos anos recoñecementos coma o da Asociación de Actores ou unha placa que lle entregou o presidente da Xunta, emilio Pérez Touriño. Cristina Domínguez, directora do Centro Dramático Galego, lembra a súa figura e sinala que "Rubén estivo traballando ata o final nas artes escénicas. Aínda participou no xurado do último Premio Abrente".

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Ribadavia, Teatro, Feira...