A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recibe un premio honorífico na Feira de Artes Escénicas de Madrid

Madrid honra a Ribadavia

16/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
É só a terceira edición da Feira de Artes Escénicas de Madrid, pero os organizadores deste evento non quixeron agardar máis para recoñecer un traballo feito en Galicia. A veterana Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recibirá o premio honorífico deste encontro polo labor que levan desenvolvendo nos últimos 23 anos a prol das artes escénicas. A entrega desenvolverase o vindeiro día 24 de xaneiro no teatro madrileño María Guerrero.

Máis información en El Correo Gallego e no web da Feira de Madrid

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Ribadavia, Artes Escénicas, Feira...