A Asociación de actores concede a Rubén García o seu premio de honra

Rubén, María e Marisa

Como xa é habitual, o día 27 de marzo (Día Mundial do Teatro), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concede os premios María Casares para recoñecer as producións da escena galega. E mentres se achegan os días para a que será a gran festa do teatro galego, a AAAD acaba de dar a coñecer o Premio de Honra, que leva o nome doutra actriz ilustre, Marisa Soto, e que este ano recae en Rubén García (Ribadavia, 1951). García foi un dos artífices da posta en marcha da Mostra do Teatro Galego dos anos setenta que deu inicio ao teatro profesional do país, ademais de ser o director dalgunhas edicións da Feira de Teatro de Galicia.