O III Festivalle achega catro montaxes a Vilanova

Catro compañías estatais levan a escena versións do autor arousán ata o vindeiro 11 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O III Festivalle achega catro montaxes a Vilanova

Por terceiro ano consecutivo, Vilanova de Arousa acolle o Festivalle. O Festival de Teatro Valle-Inclán, dedicado en exclusiva ao dramaturgo arousán, desenvólvese entre os días 8 e 11 de xullo no Auditorio da Vila.

O programa conta con catro compañías que amosan as súas versións doutros tantos textos do autor. A sevillana Atalaya abre o pano con Divinas Palabras, mentres La Quimera de Plástico, de Valladolid, representa Hasta aquí hemos llegado o día 9.

Luces de bohemia, da man da Compañía Miseria y Hambre, de Madrid, o mércores 10 e Ligazón, da tamén madrileña Tribueñe, completan as proposta desta edición. Todas as entradas teñen un prezo de 11 euros.

O programa complétase cunha visita guiada por lugares vencellados á figura de Valle-Inclán e coa instalación artística Luces en Pastoriza, que reúne ata o 28 de xuño obras Marta Iglesias, Fito Barcia e Juan Fernando de Laiglesia baseadas nos textos de Valle-Inclán La lampara maravillosa, Jardín umbrío e Jardín novelesco.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

A icona Valle-Inclán

A icona Valle-Inclán

O Museo de Pontevedra analiza a evolución do arousán a través das súas caricaturas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilanova, Montaxes, Teatro, Arousa...