Un evento escénico dedicado en exclusiva á obra de Ramón María do Valle-Inclán. Esta é a proposta que a Asociación de Amigos de Valle-Inclán bota a andar neste mes de xullo coa denominación de Festivalle. O proxecto, que conta co apoio da Consellería de Cultura, de Turismo de Galicia, do INAEM-Ministerio de Cultura e mais do Concello de Vilanova de Arousa desenvolverase nesta localidade entre os días 11 e 15 deste mes.
No programa, Títeres Cachirulo desenvolverá dúas funcións de A cabeza do dragón a abrir o evento. Rafael Álvarez El Brujo terá tamén dúas actuacións, unha coa estrea do espectáculo Luces de bohemia e outra coa montaxe El alma de Valle-Inclán. Para o xoves 14 a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia porá en escena Divinas Palabras e a compañía Pabellón 6 pechará o encontro o venres 15 coa representación de Luces de Bohemia.
O programa inclúe tamén un curso de verán que vencella Valle-Inclán e as rutas xacobeas ademais de itinerarios guiados pola xeografía do autor a cargo da actriz Fátima Rey.