O Consello da Cultura lembra a Valle-Inclán

Unha exposición e un seminario reivindican a importancia internacional do autor arousán

1/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaExposicións
Compartir:

A difusión internacional da figura de Ramón María del Valle-Inclán no seu tempo é o título da xornada que o Consello da Cultura Galega lle dedica o vindeiro 8 de xullo ao escritor arousán. Canda a isto, e no marco das accións para reivindicar a súa figura, o Consello tamén pon a andar no compostelán Colexio de Fonseca a mostra Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936) coa que se incide tamén na importancia que acadou en vida este autor. Catorce paneis repasan as súas ligazóns co mundo saxón, Europa ou Europa do Leste. Segundo explica o texto de presentación destas actividades, o Consello pretende facilitar "ver con outros ollos a figura de Valle-Inclán, un autor tan intemporal coma sometido ao imperio da súa época, e, neste caso, facer presente a materia de Galicia, que foi a alforxa onde atopou a maioría dos seus dardos literarios".

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

28/10/2009

A icona Valle-Inclán

O Museo de Pontevedra analiza a evolución do arousán a través das súas caricaturas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Europa, Consello da Cultura Galega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)