Día de Valle-Inclán no Consello da Cultura Galega

Un seminario e unha exposición abordan a dimensión internacional do escritor da Arousa

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaExposicións
Compartir:
Día de Valle-Inclán no Consello da Cultura Galega

A difusión internacional da figura de Ramón María del Valle-Inclán no seu tempo é o título do seminario que se está a desenvolver ao longo do día de hoxe no Consello da Cultura Galega. O encontro, que se pode seguir ao vivo no web da institución, analiza da man de diferentes especialistas a pegada que xa no seu día tivo o traballo do insigne autor arousán fóra do noso país. As súas viaxes a Francia ou Estados Unidos e as traducións da súa obra son algunhas das cuestións que se abordan no seminario. Precisamente as versións foráneas de Valle-Inclán son o eixe da exposición Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936) que se inaugura ás oito desta tarde no compostelán Pazo de Fonseca.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A icona Valle-Inclán

A icona Valle-Inclán

O Museo de Pontevedra analiza a evolución do arousán a través das súas caricaturas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Arousa, Francia, Estados Unidos