Un Valle-Inclán alén de fronteiras

A exposición pódese visitar no segundo andar do claustro de Fonseca

9/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaExposicións
Compartir:

Non hai dúbida de que Valle-Inclán é un dos grandes escritores galegos de todos os tempos. A nova exposición do CCG, visitable no claustro de Fonseca da Universidade de Santiago, explora a relevancia internacional do escritor durante a súa vida a través das traducións, pero tamén as súas estreitas conexións vitais e artísticas con Galicia.

Ofrecemos hoxe un documental completo no que tres destacados expertos, Rosario Mascato (comisaria da exposición e profesora da Universidade do Minho), Margarita Santos (profesora da USC) e Xaquín Núñez (profesor da Universidade do Minho) reflexionan ao redor do papel de Valle-Inclán na súa época, a presenza de Galicia na súa obra e as traducións e a visibilidade internacional do escritor.

A exposición
Este documental pódese ver no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, onde se acolle a exposición Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936], que pretende dar conta da dimensión internacional desta figura.

Son catorce paneis que pretenden exhibir os múltiples lazos de Valle-Inclán no mundo saxón (Estados Unidos e Reino Unido), en Europa (Francia, Portugal e Italia), Europa do Leste (foi moi coñecido grazas ao esforzo de diversos hispanistas que o traduciron). A obra de Valle-Inclán foi traducida ao sueco, romanés, portugués, polaco, letón, italiano, islandés, inglés, húngaro, holandés, búlgaro, checo e francés. Tamén podes consultar o catálogo nesta reportaxe.

A exposición estará aberta ao público no Claustro Alto do Colexio de Fonseca ata o 26 de setembro.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Documental, Xaquín Núñez, Universidade do Minho...