O Colexio de Fonseca acolleu hoxe a inauguración da mostra "Valle-Inclán Ãntimo", que explora a colección de obxectos persoais e biográficos de Ramón MarÃa del Valle-Inclán, e que atesourou no seu domicilio madrileño. Na colección, dividida en cinco seccións, presenta obras de arte coleccionadas polo escritor arousán, manuscritos, edicións valiosas ou efectos persoais. Deste xeito, cadros -entre os que destaca unha natividade do século XV ou un cadro primeirizo de Castelao, achégannos ao gusto estético do escritor, as súas conexións coa arte producida no norte da penÃnsula ou a relación co modernismo. Pero tamén podemos contemplar moitos libros regalados por outros escritores da época, entre os que destacan as principais figuras galegas do momento, e que permiten coñecer o respecto co que era tratado o escritor polos seus contemporáneos. Nas salas tamén podemos observar as matrices de impresión dalgunhas das súas obras máis sobranceiras, ou mobiliario orixinal da casa, como biombos chineses ou cadros dos seus devanceiros. A exposición remata coa exhibición da máscara mortuoria de Valle Inclán e a súa man, realizadas por Asorey, e mesmo o proxecto frustrado para a súa tumba: un cruceiro deseñado por Baldomero Magariños en 1936.