Castelao, Maside, Álvaro Cebreiro, Vivanco, Bagaría e Toño Salazar son algúns dos artistas que teñen retratado a Ramón María del Valle-Inclán. E eses retratos e caricaturas fan parte de Valle-Inclán Debuxado/Obra Ilustrada (Fondos da USC) a exposición que abre hoxe as súas portas no pazo de Fonseca (Santiago). Canda a ese repaso da representacón gráfica do escritor, a exposición inclúe 153 edicións da súa obra, acompañadas dunha escolma máis de 1.000 imaxes- que exhibe aqueles elementos que definen o deseño gráfico orixinal dos seus textos. Un exemplo que permite aprezar a renovación das artes do libro nas primeiras décadas do século XX.