Goya dialoga con Hellboy na nova mostra de Afundación

A sede coruñesa da entidade amosa ata o vindeiro 31 de agosto a reflexión de Stéphane Levallois sobre os monstros

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Goya dialoga con Hellboy na nova mostra de Afundación

A sede de Afundación na Coruña abría as portas, este 3 de xullo da súa nova exposición. Ata o vindeiro 31 de agosto o local acolle GOYA - HELLBOY. Unha visión da iconografía de monstros por Stéphane Levallois. A proposta recolle unha selección deste debuxante e deseñador de monstros para o cinema a explorar o universo fantástico de Goya en relación ao personaxe da BD e do cinema Hellboy.

Asier Mensuro comisaría esta mostra, na que se vincula a propia obra de Levallois cos trazos de Goya. Segundo explica a presentación do proxecto, "na mostra, o reputado artista francés reflexiona sobre a iconografía fantástica creada por Goya, das pinturas negras do Museo Nacional do Prado aos aquelarres e meigas dos óleos do Museo Lázaro Galdiano". Esta análise realízase a incorporar o monstro contemporáneo Hellboy, creado por Mike Mignola no cómic e levado posteriormente ao cinema.

En total o proxecto acolle 72 obras de Levallois que se completan con dous de Mignola, a capa da obra de Hellboy In the Chapel of Moloch e unha ilustración do personaxe que homenaxea o lenzo Átropos ou Las Parcas, de Goya.

Levallois participou de filmes como Alien, King Kong, Parque Xurásico, X-men ou Harry Potter, a colaborar con directores como Ridley Scott ou Bryan Singer. Tamén realizou a BD sobre Leonardo Da Vinci que publicou o Museo do Louvre a coincidir coa exposición monográfica sobre o xenio renacentista. A exposición visitou Pamplona e Badaxoz de xeito previo á súa estadía en Galicia.

Que che parece esta nova?
114 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Cine, A Coruña, Cómic...

Claves

Entidades
Conceptos