Chuches Amil presenta os seus Monstros con ou sen consentimento

O libro-CD está ilustrado por Manel Cráneo e publicado por Galaxia

| Santiago. Redacción | Seccións: musica
Compartir:
Chuches Amil presenta os seus Monstros con ou sen consentimento

Unha colección de monstros do máis variado é o que nos presenta Chuches Amil no seu novo libro-CD. A colección Sonárbore da editorial Galaxia lanza Monstros con ou sen consentimento un volumen que nos presenta toda unha serie de personaxes peculiares. Lobos bos, robots, entes larpeiros ou estraños personaxes musicais danse cita na forma de cancións "para gozar en familia, cun sorriso nos beizos e moito ritmo para erguer o ánimo e non parar de bailar" acompañadas da ilustracións de Manel Cráneo.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chuches Amil, Manel Cráneo, Editorial Galaxia

Claves

Entidades