O Museo de Pontevedra aborda a fábula como elo entre a arte e as identidades culturais

A mostra "A era das fábulas" inaugúrase o 10 de xullo

O Museo de Pontevedra inaugurará o vindeiro 10 de xullo a exposición "A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía". A exposición enténdese como unha conversa entre obras de arte e os fondos artísticos, arqueolóxicos e etnográficos do Museo de Pontevedra, e xira "ao redor das narrativas ficcionadas, esenciais para comprender a realidade, e como permiten preservar as identidades culturais e imaxinarios populares". Realizada en colaboración coa Fundación María José Jove e TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary, un conxunto de obras de figuras como Vasili Kandinski, Pablo Picasso, Fernand Léger, Maruja Mallo, Lara Castro, Miquel Barceló e Luis Gordillo, entre outros. A mostra ocupa as tres salas de exposicións temporais e outros espazos anexos. A exposición inaugúrase o 10 de xullo e poderase visitar ata o 29 de setembro no edificio Castelao.