O MAC da Coruña amosa as Fábulas Reais de Paula Rego

A exposición pode verse ata o vindeiro 14 de setembro

As pinturas e debuxos de Paula Rego, portuguesa de nacemento e inglesa de adopción, protagonizan a nova exposición do Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Coruña. A pintora nada en 1935 está considerada unha das voces máis influíntes do panorama artístico internacional e amosa en Fábulas reais unha escolma de traballos en diferentes formatos e técnicas. Desde os traballos máis informais aos máis figurativos, a atención a temas como aborto ou o poder ou o interese pola iconografía popular, a mostra repasa a evolución da pintora ao longo da súa traxectoria en máis de medio cento de obras.