O Artium Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo dedica unha exposición a Menchu Lamas

'Colores nomadas' ofrece un intenso percorrido polas obras clave da etapa actual da pintora

11/12/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Flamante nova membro da Real Academia Galega de Belas Artes, a pintora Menchu Lamas (Vigo, 1954) ocupa actualmente as salas do Artium Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo coa exposición Colores nómadas, comisariada por Luis Francisco Pérez. A mostra presenta obras recentes da artista, pezas de gran formato, polidípticos e incluso extensos crebacabezas de grandes proporcións, que combinan recursos abstractos e figurativos, configurando un universo simbólico no que a cor é protagonista, un dos elementos clave de toda a súa ampla obra. A exposición de grande formato ocupa varios dos espazos do centro vasco e estará aberta ata o vindeiro 20 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Menchu Lamas, Belas Artes, Real Academia Galega, Real Academia Galega de Belas Artes...