O Concello de Vigo acaba de publicar na rede un espazo dedicado a historia da cidade. Patrimonio e historia de Vigo propón diferentes xeitos de se mergullar na cronoloxÃa local, a achegar desde completos catálogos dos elementos patrimoniais ata un percorrido pola zona mediante postais antigas. Segundo adianta Faro de Vigo, un investimento de 62.855 euros permitiu desenvolver esta nova proposta didáctica.
O novo espazo permite coñecer 600 elementos patrimoniais con fotografÃas, localización e cadansúa ficha descritiva. Ademais, tamén se publicou un catálogo de monumentos e escultura que supera as 300 entradas, outro dedicado a bens arqueolóxicos que repasa 50 destes elementos e aÃnda un terceiro sobre elementos etnográficos. Complétanse estes catálogos cun que repasa persoeiros destacados da historia local.
Nos contidos atópase unha liña cronolóxica que percorre a cidade ao longo do tempo, a achegar ademais percorridos temáticas sobre a evolución urbana, a industria conserveira e a pegada do porto. A Colección de Postais Históricas Municipais, visualizacións en 360 grados, mapas históricos e rutas temáticas interactivas completan o novo web.