A Casa da Fotografía de Vigo pasará a albergar a sede local da Deputación

O Faro de Vigo apunta o cambio de uso do inmoble

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Casa Galega de Fotografía de Vigo, que abriu as portas para unha exposición sobre a historia da cidade en 2015 e permanece fechada desde entón, vai ter un novo uso. Segundo anunciaba onte o Faro de Vigo nunha reportaxe, este equipamento cultural pasará a ser a sede da Deputación de Pontevedra na cidade, perdendo así o uso cultural previsto inicialmente. Segundo adianta o rotativo vigués, a entidade provincial pasaría a ocupar os dous andares superiores do edificio situado no casco histórico olívico, ficando a planta baixa para exposicións e un soto para uso como arquivo municipal.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Faro de Vigo, Exposicións, Deputación de Pontevedra