Catálogos de fábricas na Ría de Vigo

Dúas iniciativas dispoñibilizan na rede cadanseu catálogo de patrimonio industrial

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Catálogos de fábricas na Ría de Vigo

O Patrimonio Industrial está a conseguir aos poucos recoñecementos no noso país. Recentemente atopamos na rede dous exemplos de iniciativas que recollen elementos deste tipo, en concreto arredor da Ría de Vigo. Así, no marco do proxecto Mar, traballo e patrimonio, do Concello de Redondela, pode descargarse unha guía que recolle os restos deste tipo que existen na contorna da enseada de San Simón. Por outra banda, a iniciativa Entremos na panificadora dispoñibiliza no seu web un mapa e fichas de elementos patrimoniais industriais localizados arredor da Ría de Vigo.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ría de Vigo, Guía, Concello de Redondela, San Simón...