Publican mapas do patrimonio cultural en Lalín e Catoira

As iniciativas buscan poñer en valor os recurso da zona

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Estes días presentáronse dúas iniciativas de xeolocalización do patrimonio cultural de diferentes concellos galegos. Por unha banda, o concello de Lalín promoveu a xeolocalización dos elementos do patrimonio cultural deste ceoncello. O proxecto incorpora 1.176 elementos de todo tipo, desde bens arqueolóxicos a inmobles, pasando por recursos etnográficos e paisaxísticos/naturais. Ao mesmo tempo, a asociación cultural Os Penoucos, actualizou o seu mapa de patrimonio cultural do Baixo Ulla incorporando os recursos do concello de Catoira. Neste caso, trátase dunha iniciativa da sociedade civil, sen colaboración institucional.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Meter Vincios no mapa

Meter Vincios no mapa

O proxecto Cartografías Sensibles aproveita as posibilidades da xeolocalización para dinamizar unha parroquia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catoira, Concello de Lalín, Ulla

Claves

Entidades