Dinamizar unha zona e dala a coñecer mediante as ferramentas de xeolocalización. Esta é a proposta que o proxecto CartografÃas Sensibles desenvolveu na parroquia de Vincios. Elementos de patrimonio material e inmaterial, proxectos que se desenvolven nesta área do Val Miñor e mesmo os grupos de música que traballan no lugar intégranse nesta iniciativa.
A proposta xurdiu da Comunidade de Montes de Vincios, que leva xa anos a procurar xeitos de dinamizar esta área. “A iniciativa vai na liña de proxectos innovadores que está a desenvolver a comunidade sobre o xeito de xestionar o monte e o seu apoio a diferentes iniciativas da parroquia”, explica Joana Covelo, directora do proxecto. “A idea xurdiu da necesidade de dar a coñecer todo o traballo que xa viñan facendo”. No entanto, lonxe de facer un web convencional que recollese, por exemplo, as rutas de senderismo, para bicicleta e a cabalo ou as carreiras de orientación que se desenvolven nesta área, apostouse por un proxecto máis ambicioso, que á par que mapea os elementos existentes, traballa para a recuperación e inventariado do patrimonio local.
A aposta polo mapa
“Para alén de facer un web normal onde se catalogan contidos cunha foto e unha descrición buscamos darlle unha volta de porca, e comunidade apoiou isto e confiou en nós”. A formación de arquitectos que ten a propia Covelo como Iago Valverde, o outro responsable da iniciativa, determinaron a aposta pola cartografÃa. “Tentamos pensar como contar un territorio, e aproveitamos mapas, audios ou videos. A xeolocalización pareceunos algo perfecto porque, ademais de consultar, permite que leves o web contigo para coñece o lugar”. Ao tempo, sinala “Aproveitamos e falamos de toda a parroquia e non só do monte”. A iniciativa desenvolveuse en colaboración co estudio de desenvolvemento web Pumpún Dixital e o de deseño gráfico decastrodesigners. AsÃ, lendas, recordos, parques, rutas, instalacións culturais, asociacións, covas, especies animais e vexetais ou empregos do monte como a apicultura ou o cultivo de cogomelos entre outros de elementos acabaron integrándose nun mapa que achega ademais contidos multimedia.
A Touba de Brión-Corbeiras, explicada con datos técnicos, un vÃdeo e historias sobre o lugar.
As leiteiras, fotografÃa e audios lembran os antigos transportes que recollÃa o leite na parroquia.
Hábitats destacados no monte de Vincios
Recuperar para localizar
Lonxe de ser un labor de investigación de biblioteca, a tarefa de compilar información precisou dunha activa colaboración da poboación local. “Nós achegamos a ferramenta para contar as cousas, pero era a xente a que tiña que achegar os contidos. Houbo unha participación máis forte, e pola nosa banda non valoramos máis o que sabÃa a historiadora local do que os coñecementos do pastor. Todo eran cousas que nós non coñeciamos e que queriamos contar”, explica Covelo. Nese sentido a proposta resultou “moi ben acollida” polos veciños, aÃnda que Covelo recoñece que tiña certas facilidades para desenvolver este labor. “Eu son de alÃ, entón xa estou integrada nas redes locais. Todos nos coñecemos, pero cando vén alguén novo e se interesa polo que a xente sabe, sempre din que si”. Asà desde os veciños do lugar a especialistas en historia ou espeleoloxÃa que tiñan artigos escritos sobre a zona, achegaron o seu gran de area ao proxecto. “A xente de Vincios é moi activa deste sempre, e o web é tan rico grazas a isto”.
Os grupos de música de Vincios
Algúns contidos
Dentro dos contidos que máis sorprendeu aos propios responsables da iniciativa, Covelo apunta “o video Nuestras fiestas de allá, que inclúe unha gravación de Vincios de 1928 e que moita xente do lugar descoñecÃa. Éun tesouro no que se pode ver a Igrexa, a capela e os antepasados de habitantes actuais. Tamén alucinamos coa espeleoloxÃa, descubrimos espazos moi impactantes”. Canda a isto, no entanto, destaca que “resultou moi interesante descubrir a relación que os nosos pais e avós tiñan co monte. Agora empregámolo como ocio pero no seu dÃa era unha fonte de recursos fundamentais”.
Nuestras fiestas de allá
Retroalimentación e futuros
Encol do xeito no que a iniciativa reverte sobre os propios veciños da parroquia, Covelo sinala que “reforza o sentimento de identidade dos que vivimos alÃ, con todas as boas consecuencias que iso trae, e dá a coñecer moitas cousas que de seguro moita xente non coñecÃa da súa propia parroquia”. A nivel de concello, sinala que “hai xente que non tiña nin idea do que pasaba en Vincios e agora sábeo, e penso que de cara ao futuro será moi útil para xente da miña xeración e máis nova, xa que recolle moitas cousas desa antiga relación co monte que se perderÃan”. AÃnda que o web está activo e conta con máis de trescentas entradas, Covelo sinala que “aÃnda hai un lote de cousas que temos pendentes de subir”, e lembra a intención que o proxecto sexa aberto. “Queremos que calquera poida subir contidos, logo de pasar un filtro. A paisaxe está viva, e tentamos que a ferramenta responda a isto”. Canda a isto, a arquitecta sinala que proxectos deste tipo “pódense aplicar a moitos outros lugares, ogallá a alguén lle interese”.

Manolo 'O Pisco' fala da súa mocidade from CartografÃas Sensibles on Vimeo.
Os grupos de música de Vincios
Algúns contidos
Dentro dos contidos que máis sorprendeu aos propios responsables da iniciativa, Covelo apunta “o video Nuestras fiestas de allá, que inclúe unha gravación de Vincios de 1928 e que moita xente do lugar descoñecÃa. Éun tesouro no que se pode ver a Igrexa, a capela e os antepasados de habitantes actuais. Tamén alucinamos coa espeleoloxÃa, descubrimos espazos moi impactantes”. Canda a isto, no entanto, destaca que “resultou moi interesante descubrir a relación que os nosos pais e avós tiñan co monte. Agora empregámolo como ocio pero no seu dÃa era unha fonte de recursos fundamentais”.
Nuestras fiestas de allá
III RomarÃa da Touba do Brión from CartografÃas Sensibles on Vimeo.