Coas cinco primeiras fichas botaba a andar onte o catálogo web Vigo Industrial. Esta iniciativa, promovida desde unha plataforma cívica e coordinada por Uxío Reinoso, pretende dar a coñecer o patrimonio fabril e industrial da cidade mediante unha serie de fichas que recollen unha clasificación de cada ben, unha recensión histórica, unha descripción, a valoración do estado e unha bibliografía ademais de fotografías. O barco Bernardo Alfageme, a conserveira Aucosa o estaleiro De Lemos/ De Vicente, a nave de Massó e a antiga estación de Urzaiz son os primeiros contidos cos que conta o web.
O proxecto, que está aberto á colaboración do público, presentábase onte no auditorio do Parque Illas Atlánticas. Esta tarde continurán os actos para dar a coñecer a iniciativa coa apertura no local Tinta Negra da exposición Sumideirografías, na que Uxío Reinoso amosa "impresións de tapas de sumidoiros sobre follas de papel reciclado". Ás 21.30 horas. a Sala Magnética acollerá unha Sesión H.A.L.O., na que se desenvolverá unha improvisación musical e visual sobre a proxección do documental de 1928 Talleres Alonarti.