O Concello de Vigo investirá 243.000 euros en novos murais

A cidade continuará o seu programa de arte urbana con 15 novas obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A xunta de goberno local de Vigo aprobaba este 25 de febreiro investir 243.000 euros para encargar novas obras de arte urbana en medianeiras da cidade. Segundo recolle La Voz de Galicia, o investimento permitirá contar con 15 novos proxectos artísticos murais noutras tantas localizacións, a seguir a liña de facer da cidade un museo ao aire libre. O investimento estará acompañado dun programa de divulgación destes traballos no que se investirán outros 100.000 euros e que pretende achegar estas formas artísticas aos centros de ensino. O Concello leva desde 2015 a promover, mediante a iniciativa Vigo Ciudad de Color a creación de murais en espazos da cidade.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arte urbana, Concello de Vigo, La Voz de Galicia, Ensino

Claves

Conceptos
Lugares