Vigo investirá 480.000 euros no seu IX Plan de Murais

Sumará entre dez e quince novas obras de arte urbana ás 150 xa existentes na cidade

26/9/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
44 lecturas | Compartido 0 veces

Mural de 3ttman realizado no marco do VIII Programa de Murais de Vigo

O IV Plan de Murais do Concello de Vigo, que se desenvolve baixo a marca Vigo, ciudad de color, contará na súa vindeira edición cun orzamento de 480.000 euros. Estes fondos financiarán a realización de entre 10 e 15 novos murais na cidade a cargo de diferentes artistas locais e internacionais. O programa suma xa case 150 obras espalladas pola cidade desde a súa primeira edición en 2015.

Con este proxecto o Concello "quere contribuír ao proceso de recuperación e revitalización da contorna urbana e comercial e da paisaxe urbana, poñendo en valor o patrimonio da cidade, amais de dar a coñecer a obra dos artistas urbanos". Na edición de 2022, dotada co mesmo orzamento que a actual, incorporáronse catorce novas obras ás paredes da cidade.

De xeito paralelo á nova xeira do programa, o Concello presentou as bases da IV Batalla Mural correspondente á VIII xeira do programa municipal. Este é un concurso de arte urbana no que a persoa gañadora poderá pintar un mural na cidade. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 17 de outubro.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Arte urbana, Concello de Vigo, Paisaxe

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares