A USC crea a cátedra institucional Rosalía de Castro

Terá o cometido de "reforzar a súa proxección e coñecemento no ámbito galego, peninsular e internacional"

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Universidade de Santiago aprobou en outubro a creación da Cátedra Institucional Rosalía de Castro, froito dun convenio co Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura da Xunta. A cátedra estará coordinada polos profesores da facultade de Filoloxía María do Cebreiro Rábade e Fernando Cabo e terá como obxectivo "o estudo académico e crítico da obra e da figura da escritora nas súas múltiples dimensións, buscando reforzar a súa proxección e coñecemento tanto no ámbito galego e peninsular como internacional". Para a USC, a cátedra procurará a promoción de "achegas sobre a autora desde perspectivas e paradigmas renovadores, sen esquecer aspectos máis tradicionalmente filolóxicos". A inauguración formal será o vindeiro 5 de xullo no Colexio de Fonseca, onde a profesora Catherine Davies ofrecerá a lección inaugural da cátedra, titulada "Rosalía de Castro e Cuba". Davies recibirá tamén a insignia de ouro da USC.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Rosalía de Castro, Catherine Davies, María do Cebreiro...