A Fundación Cidade da Cultura de Galicia ven de anunciar o cese da Directora de Acción Cultural da institución, MarÃa Pereira Otero, e a próxima convocatoria dun concurso público para esa praza. MarÃa Pereira (Vigo, 1966) levaba ocupando o cargo desde 2012, un ano despois da apertura da Cidade da Cultura e viña de traballar durante dúas décadas na xestión cultural da obra social de Caixanova e Nova Caixa Galicia, posteriormente.
A Xunta de Galicia quere destacar da súa xestión estes 12 anos o traballo realizado no Museo Gaiás coas exposicións internacionais como Auga Doce, Camiños creativos, Carne y Arena ou proxectos como Da árbore á cadeira, Pensar coas mans ou a recentemente inaugurada Outras historias posibles, entre outras moitas. Lembran que Pereira contribuÃu a artellar, facer medrar e consolidar o programa da fundación, con eventos como Escenas do Cambio, o Encontro de Artistas Novos, Atardecer no Gaiás ou ciclos como Reb/velas na paisaxe ou Ópticas contemporáneas. A decisión de renovación do posto e apertura de convocatoria busca, segundo a Fundación, abrir unha etapa nova na súa programación. Con esta decisión, a institución asegura que procura "afondar na dixitalización e internacionalización da cultura, no apoio á comunidade de creadores e na descentralización do Gaiás, obxectivos recollidos no II Plan Estratéxico 2021-2027". A elección da nova Dirección de Acción Cultural realizarase a través dun concurso público, cuxa convocatoria terá lugar nos próximos dÃas, un proceso que cumprirá cos criterios de mérito e capacidade para a selección da candidatura idónea, sinalan desde a Fundación da Xunta de Galicia.
Kirenia MartÃnez seguirá en Escenas do Cambio
Quen si renovou no cargo foi a coreógrafa e mediadora cultural Kirenia MartÃnez (Cuba, 1980),que seguirá un ano máis á fronte da dirección do festival Escenas do Cambio. A ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude vén de darlle continuidade tras un primeiro ano dirixindo o festival de teatro, danza e arte en acción organizado pola Cidade da Cultura e que xa vai pola súa décima edición. Cun programa que recoñecÃa o legado dos anteriores directores artÃsticos do festival, Pablo Fidalgo e Lola Correa, e mantiña a súa esencia transformadora, Kirenia MartÃnez conseguiu atraer novos públicos a unha cita consolidada como unha das máis relevantes no ámbito da creación escénica contemporánea en Galicia e España. En total, máis dun milleiro de persoas asistiron aos espectáculos na última edición de Escenas do cambio celebrada o pasado mes de maio. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, manifestaron a súa confianza en que o festival continúe a medrar en vindeiras edicións, tanto como plataforma de lanzamento para o talento xurdido en Galicia como na súa conexión coa vangarda escénica internacional.