Campus Stellae abre un espazo de arte vencellado ás súas áreas de investigación

O compostelán Ricardo Pereira Sayáns abre as liña do espazo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Campus Stellae abre un espazo de arte vencellado ás súas áreas de investigación

O Instituto Campus Stellae levaba un tempo coa idea de abrir un espazo de arte que sirva de manifestación cultural das actividades coas que levan trabalalndo case unha década. Pero, tal e como recoñece a súa directora, Nuria Pereira, a idea quedou adormecida “ata que non atopáramos un espazo que visibilizara o traballo”. Así foi ata este 2012 cando atoparon moi prezo da céntrica praza de Galicia en Santiago un local no que abriron o seu espazo de arte. “Serán sempre actividades, de carácter bimensual, moi vencelladas ás áreas de investigación do instituto”. Para abrir o espazo, inaugurado o 26 de xullo, elexiron ao artista Ricardo Pereira Sayáns (Compostela, 1933) . “Fai unha interesante recuperación da paisaxe galega que inclúe costa, montaña e diferentes estacións”, resume Nuria Pereira.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos