A Xunta presenta o seu novo web dedicado á lingua

Inclúe un tradutor en liña

11/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
22 lecturas | Compartido 0 veces

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín e mais a directora da Axencia para a Modernización Terminolóxica de Galicia, Mar Pereira, presentaban esta mañá o Portal da Lingua Galega, o novo espazo web que a Xunta lle dedica ao noso idioma e que substitúe o web da Secretaría. Para alén dun deseño mais coidado, o novo espazo achega ao público xeral o tradutor en liña Gaio, ata o momento só dispoñible para uso da Administración. O web permite un acceso máis doado ás novas e convocatorias relativas ao galego, e facilita a descarga de materiais como os libros para obter o CELGA.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Lingua galega