Os interesados en obter o CELGA, certificación oficial do coñecemento de galego, teñen neste 2011 unha oferta de 193 cursos de formación, medio cento máis do que no pasado ano. Segundo anunciou a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, serán 144 cursos de programación directa, dos cales 4 poderán facerse en liña. Canda programaranse 15 cursos nas escolas oficiais de idiomas, 30 para o exterior e 4 a través do Instituto Cervantes. De xeito paralelo, a Xunta convoca tamén cursos especÃficos para a os traballadores da Administración, que poderán escoller entre os 22 dispoñibles en liña e os 62 que teñen carácter presencial.