A Universidade de Santiago duplica a oferta dos cursos de verán

Contra atrás para o verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Malia a que aínda falta mes e medio para que remate o segundo cuadrimestre académico, a Universidade de Santiago xa presentou a súa oferta para os cursos de verán. Unha edición que duplicará o número de propostas do ano anterior e que se impartirán en dezanove localidades. Os 64 cursos terán un orzamento de 1.3 millóns de euros que achegarán a propia USC, as deputacións, concellos e outras entidades. Ademais, as matrículas para este curso poderán facerse por Internet a partir do 21 de maio, e de xeito presencial a partir do 11 de xuño. O ensino de linguas, a paisaxe, o patrimonio industrial e a ficción televisiva son algúns dos campos a analizar.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Paisaxe, USC, Ensino

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares