Nace un premio literario en homenaxe a Miguel Ángel López Hematocrítico

O vindeiro mes de novembro celebrarase en Vigo o I Hematofest na súa honra

24/6/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
45 lecturas | Compartido 0 veces

A recoñecer o traballo de Miguel Ángel López Hematocrítico, Triqueta Editora daba a coñecer a convocatoria do I Premio Humor con H de álbum ilustrado infantil. O galardón recoñecerá a obra gañadora cun premio de 5.000 euros e a publicación nas catro linguas estatais do estado.
Segundo recollen as bases, o premio nace "co obxectivo de promover a filosofía do Hematocrítico, que consistía en entender a vida a través da xenerosidade, a empatía e o humor" e está aberto ata o vindeiro 1 de outubro a "obras de humor orixinais e inéditas en calquera lingua oficial do Estado español en formato álbum ilustrado infantil".

Este premio bota a andar en colaboración co Hematofesti, un encontro que se vai celebrar en Vigo durante a primeira quincena de novembro a homenaxear ao comunicador e autor de literatura infantil e xuvenil. A escritora Ledicia Costas daba a coñecer este 21 de xuño o proxecto deste festival, do que aínda se descoñece o programa.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Lugares