O HEMATO FESTI celebrará o legado do falecido 'Hematocrítico'

O evento arredor da literatura infantil e o humor reunirá en Vigo durante cinco días a destacadas figuras galegas e estatais

Ao longo de cinco días, entre os vindeiros 6 e 10 de novembro, a cidade de Vigo acollerá a primeira edición dun festival con nome propio : O HEMATO FESTI. Impulsado pola escritora Ledicia Costas e coa co dirección de Alberto Vázquez, este evento nace como unha homenaxe ao falecido autor Miguel Ángel López, 'O Hematocrítico'. Unha iniciativa que ten como principal obxectivo render un tributo ao seu legado como escritor, mestre, comunicador e autor de blogs humorísticos, resaltando a importancia do seu traballo no ámbito da literatura infantil e o lecer. HEMATO FESTI unifica nun mesmo programa dúas das facetas máis características do autor: o humor e a literatura infantil. O programa susténtase neses dous piares para dar lugar a un evento orientado a materializar a importante rede humana que Hematocrítico teceu, desde Galicia, arredor destas dúas temáticas. Un programa no que destaca a aposta pola literatura infantil, o galego e o humor como industria e vehículo de aprendizaxe, e que aposta polo ambiente familiar e a boa onda que caracterizaba ao Hematocrítico nas redes sociais.


No ámbito da literatura infantil preséntase a iniciativa "Pequenos Xigantes dá Lectura", un certame escolar de lectura no alto que se celebra en Francia con gran éxito desde 2012 e que, levará a un escolar de 4º de Primaria a disputar na final nacional na Feira do Libro de Madrid, lendo en galego. Ademais, catro librarías, a Galería Maraca, o espazo didáctico do MARCO unha galería e a sede da Asociación Évame-Oroza acollerán contacontos e talleres e o Museo de Arte Contemporánea, MARCO, albergará unha "Sala Gaming" en colaboración con Nintendo España. Mentres que todas estas actividades están orientadas ao público familiar, o sábado 9 de novembro a sede da Deputación Provincial de Pontevedra acollerá a xornada '¿Queremos literatura infantil?' un encontro da literatura infantil en xeral, que conta coa presenza de grandes nomes (Diego Arboleda, Sara Cano, María Solar ou a propia Ledicia Costas, entre outros moitos), bookstagramers, charlas, encontros, así como a entrega dos premios "Lenda do Recreo" e a primeira edición do premio de álbum ilustrado infantil "Humor con H" en homenaxe ao Hematocrítico.

Xustamente o humor, outro dos grandes piares do legado do autor homenaxeado, estará presente con dous grandes eventos. A HematoGala, que celebrarase o xoves 7 de novembro no Auditorio Mar de Vigo e contará coa presenza, entre outros, de Amaral, Nacho Vigalondo, Carolina Igrexas e Laura Márquez. Ao día seguinte, no Teatro Salesianos terá lugar a xornada "Queremos Humor" que repasará todas as facetas divulgadoras e humorísticas do Hematocrítico con invitados como Noel Ceballos, Nus Cuevas, Amaro, Ferreiro, Berto Romero e Arturo González Campos. O programa completo xa está dispoñuble no sitio web do evento. O festival consegue reunir a colaboración de todas as administracións, desde o Ministerio de Cultura a través da Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura ata o Concello de Vigo e a Deputación Provincial e ten na Xunta de Galicia o seu principal apoio patrocinador.