Unha mostra de ilustración na Coruña homenaxea o Hematocrítico

A exposición fai parte das actividades paralelas do Hematofesti e pode verse ata o 6 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Unha mostra de ilustración na Coruña homenaxea o Hematocrítico

A sala de exposicións Palexco, na Coruña, abre este 5 de novembro Hematocrítico Ilustrado. Esta exposición de homenaxe ao falecido Miguel Ángel López González, Hematocrítico, recupera os traballos de ilustración que fixeron parte das súas obras de literatura infantil e xuvenil e poderá verse ata o 6 de xaneiro. A proposta, que conta co apoio do Concello da Coruña, fai parte das actividades paralelas do Hematofesti, que se celebra en Vigo entre o 6 e o 10 de novembro.

Obras de Alberto Vázquez, Mar Villar, Paco Roca, Eugenia Ábalos, Olga Capdevila, Albert Monteys, Martín Romero, Laura Árbol e Cyntia Hierro compoñen estes proxecto que convida "á reflexión sobre o papel fundamental que a literatura e a ilustración desempeñan na formación de pensamentos críticos e creativos na sociedade contemporánea", segundo informa a presentación do proxecto.

A mostra inclúe unha sección dedicada á obra El Hematocrítico del Arte, primeiro éxito editorial do autor, ademais dun espazo didáctico para o público infantil e unha biblioteca que permite coñecer os contos do homenaxeado.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Exposicións, PALEXCO, Concello da Coruña...