A morte do Miguel A. López Hematocrítico enche de consternación as redes

O coñecido comunicador morreu onte en Vigo aos 47 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Miguel a. López González, Hematocrítico. Foto: ogalego.gal / Wikipedia

Miguel a. López González, Hematocrítico. Foto: ogalego.gal / Wikipedia

Tras o anuncio na conta persoal da súa parella, a escritora Ledicia Costas, a morte inesperada de Miguel A. López, Hematocrítico, correu polas redes sociais e medios, sumando incontables voces de condolencia. Finado aos 47 anos dun infarto de miocardio, Miguel a. López era unha figura moi coñecida no ámbito das redes sociais, onde fora un pioneiro do que Verne, a sección sobre cultura dixital de El País definira como o "internet bonito". Un ámbito creativo no que confluían o humor, a irreverencia e a exploración de novas posibilidades narrativas, e que tamén trasladou ás súas colaboracións audiovisuais. O Hematocrítico, que traballara como profesor de educación primaria nas Escravas da Coruña durante case vinte anos, era tamén un destacado autor de literatura infantil en galego e castelán. De feito, o seu último libro, Unha unicornia, con ilustracións de Alberto Vázquez, foi editado por Xerais neste mesmo ano.

Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Vigo, Ledicia Costas, Alberto Vázquez...

Claves

Entidades
Lugares