Miguel Cerro faise co Premio Compostela de Álbum Ilustrado

Está dotado con 9.000 euros e a publicación da obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ilustracións de Y se hizo la luz

Ilustracións de Y se hizo la luz

O ilustrador cordobés Miguel Cerro resultou onte gañador da VIII edición do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O xurado seleccionou a súa obra, presentada co lema Y se hizo la luz entre os 340 orixinais recibidos desde 20 países. A "coherencia, o estudo minucioso dos personaxes, o colorido e a composición" da obra e mais o seu tratamento de temas como"o valor da solidariedade, daquel que sempre axuda os demais e segue crendo no colectivo", así como "o afán de superación e a busca da felicidade inmaterial" valéronlle ao autor os 9.000 euros de premio e a publicación da obra na editorial Kalandraka, que convoca o galardón canda ao Concello de Santiago.

O xurado tamén declarou finalista a obra presentada por Ana Rita Pinheiro Marques dos Reis, de Tomar (Portugal), Anabela, a pinguim friorenta e outorgoulle unha mención especial ao traballo ¿Amigos?, de Anabel Fernández Rey, de Bos Aires (Arxentina).

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Santiago, Kalandraka, Reis, Portugal...