Un total de 240 traballos procedentes de 24 países aspiraban ao IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que organiza Kalandraka en colaboración co Concello de Santiago. O xurado do galardón seleccionou onte a obra presentada co lema El último día, dos gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi como vencedora deste galardón, dotado con 9.000 euros e a publicación do traballo nas cinco linguas peninsulares pola editora. O xurado destacou o "equilibrio entre a ilustración e o texto, formando un todo harmónico" e mais unha narración que "transmite Ledicia e ternura á vez". A historia, protagonizada por un carteiro, pon valor este oficio "como un elemento de comunicación favorecedor das relacións entre persoas e comunidades".
Formaron parte do jurado a ilustradora Carme Solé Vendrell, o tradutor e editor Miguel Azaola, a bibliotecaria Ánxeles Roca, Manuela Rodríguez en representación de Kalandraka, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, o xefe do Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, e Beatriz Rodríguez, do mesmo departamento, en calidade de secretaria.