A nova edición do circuÃto de exhibición de espectáculos Cultura no Camiño, ven de dar comezo. Ata 305 actuacións artÃsticas en 88 municipios polos que transcorren as diferentes Rutas Xacobeas organÃzanse este ano na 12ª edición desta programación organizada e cofinanciada pola Xunta de Galicia e os concellos participantes. A programación estenderase ata o 31 de agosto e abrangue propostas de circo, danza, música e teatro a cargo de 144 artistas e grupos galegos. Cultura no Camiño permitirá mobilizar uns 500.000 euros en contratacións artÃsticas grazas á contribución dos concellos implicados neste programa de dinamización dos municipios galegos vencellados aos diferentes itinerarios xacobeos.
O programa funciona como un escaparate da nosa cultura ao longo dos treitos galegos dos distintos Camiños a Santiago de Compostela, cunha selección de espectáculos que volve amosar a excelencia, a diversidade e o talento do paÃs no ámbito da produción de espectáculos versátiles e dirixidos a público marcadamente familiar. Moitas das propostas atoparanse co público en espazos ao aire libre e ao pé das sendas de peregrinaxe e sempre con acceso gratuÃto. Das 305 actuacións de Cultura no Camiño deste ano, 93 corresponden a concertos que ofrecerán artistas como Rosa Cedrón, AntÃa MuÃño, Catuxa Salom, Silvia Penide, A Quenlla, A Roda, MJ Pérez, Paco Nogueiras ou Leticia Rey. Os espectáculos de maxia, que representan 45 funcións, correrán a cargo dalgúns dos nomes máis destacados desta disciplina en Galicia, como son Mago Teto ou Mago Antón. O novo circo, que acapara 57 citas do cartel, estará presente en Cultura no Camiño da man de formacións como Pistacatro, Isla Letriska, Circo Chosco ou Peter Punk Pallaso. Teatro Ghazafelhos, Barafunda, Redrum Teatro ou as narradoras orais Vero Rilo e Cris de Caldas son outras das propostas protagonistas dos 110 espectáculos de artes escénicas que se desenvolverán no marco deste ciclo. O groso das citas celebraranse en agosto, mes no que están previstas máis de 140 funcións.