A Xunta de Galicia acaba de publicar a adxudicación das subvencións do seu circuÃto Cultura no Camiño, ao abeiro do que este ano distribúe 250.000 euros entre 92 concellos da diferentes rutas xacobeas para a programación de espectáculos galegos de artes escénicas e musicais entre o 15 de xuño e o 31 de agosto. Por provincias, 31 dos municipios que entran nesta 11ª edición atópanse na da Coruña, 22 na de Lugo, 13 na de Ourense e 26 na de Pontevedra. O orzamento destÃnase integramente a cofinanciar a contratación de actuacións de teatro, música, danza, circo e maxia, en diferentes porcentaxes segundo o número de habitantes do concello adxudicatario. A Xunta asume ata o 50% do custo dos espectáculos en municipios de menos de 20.000 habitantes, cunha contÃa máxima de 2500 euros por adxudicación, e ata o 40% nas entidades que superen esta poboación, cun lÃmite de 3500 euros por axuda.
De acordo con estas premisas, os responsables da programación cultural dos 92 concellos subvencionados en 2023 ultiman nestes momentos a carteleira que desenvolverán este verán ao abeiro do circuÃto. Contan para este xestión coa plataforma galescena.gal, desde a que teñen acceso ao catálogo dos espectáculos que se inscribiron nesta 11ª edición a partir dunha convocatoria pública para compañÃas escénicas e grupos de música profesionais con sede en Galicia. Cultura no Camiño mantén como prioridade a dinamización cultural das localidades polas que discorren os camiños de Santiago ao seu paso por Galicia, focalizada nos meses de maior afluencia tanto de peregrinos como de visitantes. Ao tempo, contribúese á descentralización da oferta cultural galega e favorécese a contratación de espectáculos producidos en Galicia de xeito profesional.