O Camiño Francés achega o 30% das ingresos dos municipios polos que pasa

Trinta no camiño

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Camiño de Santiago é unha fonte de ingresos para os municipios polos que transcorre. Así o establece un estudo realizado polas Cámaras de Comercio dos Camiños Xacobeos que deu a coñecer onte o director xeral de Turismo, Rubén Lois. Os peregrinos gastan unha media de 600 euros en facer o percorrido, que supón entre 26 e 30 euros diarios. Ademais, ese mesmo estudo asegura que o Camiño Francés supón case o trinta por cento dos ingresos dos municipios polos que pasa. Un feito que leva ao presidente da Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos, Jesús Asorey, a solicitar un plan de dinamización socioeconómica para os municipios polos que transcorren as diferentes rutas xacobeas.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño Francés, Asorey, Camiño de Santiago, Turismo...