A Xunta destina máis de 350.000 euros a mantemento no Camiño Francés

Subscribirá un convenio cos concellos galegos polos que pasa esta vía

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Xunta aprobou onte o proxecto de acordo para subscribir un convenio cos concellos galegos polos que pasa o Camiño Francés, o máis transitado das vías históricas que se dirixían a Santiago. O convenio prevé orzamento para a limepza e conservación do camiño así como a atención continuada ao peregrino no roteiro a partir de persoal con formación en turismo. O orzamento deste conxunto de accións será de 361.000 euros, dos cales case 274.000 serán para as accións de limpeza e conservación do itinerario e case 90.000 para atención e información ao viaxeiro.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño Francés, Turismo

Claves