Un acordo entre a secretaría xeral de Turismo e a Mancomunidade de concellos do Camiño Francés posibilitará que a Xunta aumente un 40% a axuda para o mantemento desta infraestrutura cultural e turística. O diñeiro está destinado á conservación e mantemento do roteiro máis transitado cara a Santiago. Turismo tamén subvencionará os servizos de información turística e as programacións culturais vinculadas ao camiño.
