A totalidade das vÃas xacobeas recoñecidas pola Xunta verán ao longo do ano que agora comeza destacados traballos de recuperación. O Diario Oficial de Galicia publicaba onte a licitación para a contratación do mantemento integral e conservación do Camiño de Santiago. Segundo recolle o DOG, o Goberno Autonómico investirá 1.990.855 euros no projecto, dos cales 313.970 cubrirán traballos no Camiño Francés. O contrato inclúe tarefas de desbroce, limpeza, recuperación de firme, sinalización, drenaxe, reparación e instalación de barandas e outro mobiliario ou mesmo retirada de residuos e de animais mortos da vÃa.
En paralelo, o DOG tamén recollÃa a licitación dunha "campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos" por parte de Turismo de Galicia por valor de 6.215.000, dos que un 80% procede do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Os fondos cubrirán a elaboración e implementación dun plan de medios de carácter galego e estatal ao longo de todo 2017, con tres grandes vagas orientadas ao turismo gastronómico, o estival e o de outono.