Contar cun "equipo de actuación permanente que supervise, manteña e repare as Rutas Xacobeas en todo momento". Este é o obxectivo do investimento de 15,1 millóns de euros en actuacións nos Camiños de Santiago do noso paÃs que anunciou onte o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo. Segundo explicou en rolda de prensa, os fondos que se distribuirán ata o vindeiro 2021 cubrirán oito contratos de servizo durante os dous próximos anos, ampliables a tres. Nestes contratos abordaranse desde "operacións de supervisión programadas ata ocasionais, como a limpeza e sega ou tarefas de carácter preventivo", asà como accións de conservación ordinaria e reparación de incidencias e danos ocasionados por causas climatolóxicas. As actuacións previstas afectarán a 1.250 quilómetros en sendas e estradas de 121 concellos