Bota a andar o Plan Director do Camiño de Santiago

O proxecto prevé un investimento de 56 millóns de euros nas rutas xacobeas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Consello da Xunta aprobaba na súa xuntanza de onte o Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2021, un documento que, segundo o presidente Alberte Núñez Feijóo, “será a folla de ruta que englobe e ordene todas as accións concretas para sacar o máximo partido ao fenómeno xacobeo nos próximos anos". A proposta parte de tres eixos: "protexer e preservar o Camiño, facer que a peregrinación sexa unha experiencia de calidade e adaptada ao peregrino do século XXI e fomentar a cohesión social e o equilibrio territorial".

A coordinación das diferentes administracións implicadas nas rutas, a promoción do patrimonio, o favorecemento da delimitación das vías, a mellora dos albergues e da atención aos peregrinos ou buscar a sustentabilidade ambiental destas rutas son algúns dos obxectivos que se abordan neste plan. Para implementar as diferentes medidas propostas, a Xunta prevé un investimento total de 56 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Xacobeo

Claves