A Xunta anuncia un Plan Global para os Camiños de Santiago

Prevé intervencións patrimoniais, atencións aos peregrinos ou fomentar a investigación.

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Un Plan Global dos Camiños de Santaigo a integrar "un Plan director, que analizará e diagnosticará as necesidades para seguir poñendo en valor os camiños; e, posteriormente, un Plan estratéxico que fixará as distintas propostas de actuación que se levarán a cabo”. Esta é a proposta que anunciaba onte o presidente da Xunta Alberte Núñez Feijóo. O proxecto, que se desenvolverá ao longo dos vindeiros anos pretende pór en valor as rutas xacobeas e paliar as súas actuais debilidades.

Como decálogo para o Plan Director que se prevé elaborar ao longo deste ano, o presidente da Xunta apuntou cuestións como integrar ás distintas institucións e asociacións do Camiño, completar as delimitacións oficiais da rutas, determinar as intervencións posibles en cada unha, desenvolver un programa de atención ao peregrino, ampliar a promoción, incentivar a investigación destes bens, fomentar a actividade nos períodos que non son Ano Santo e crear novos produtos culturais arredor dos camiños.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Ano Xacobeo

Claves