Ministerio e Xunta colaborarán na recuperación dos BICs dos Camiños Xacobeos

En vindeiras datas desenvolverase un plan de traballo de cara ao vindeiro Ano Xacobeo

31/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A xuntanza que mantiveron onte o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, e mais oministro de Educación, Cultura y Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, sentou as bases dun futuro plan para recuperar elementos patrimoniais vencellados ás rutas Xacobeo. A idea, segundo explicaron os dous representantes, consiste en elaborar un plan de actuación conxunto "centrado en impulsar a rehabilitación dos bens de interese cultural ao longo do Camiño de Santiago" con vistas ao vindeiro ano Xacobeo, 2021. A proposta estará restrinxida a elementos declarados como BIC, entre os que se fará unha selección en vindeiros meses. Entre as actuacións considérase tamén para esta data o remate dos traballos de rehabilitación que está a sufrir a Catedral de Santiago.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Ano Xacobeo, Bens de Interese Cultural, Catedral...