Os concellos do Camiño Francés pedirán reducir a franxa de protección da vía a só 30 metros

A Mancomunidade presentará unha alegación conxunta á proposta da Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Consellería de Cultura da Xunta ten desde o 24 de agosto en exposición pública a proposta de delimitación oficial do Camiño Francés, o que implica definir tamén a área de protección do itinerario ao carón -e a política urbanística e de construción nesa área. Os alcaldes dos concellos da Mancomunidade do Camiño Francés reuníronse onte en Melide para acordar unha alegación conxunta á proposta, na que suxiren reducir a franxa de protección. A proposta da Xunta é variable, dependendendo das características de cada tramo. Pode ir dos dous quilómetros aos douscentos metros ao redor da vía. A proposta dos alcaldes é de só 30 metros de protección en todo o camiño.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño Francés, Consellería de Cultura, Cultura da Xunta, Melide