Cultura e Turismo investirá tres millóns de euros na Vía da Prata

O proxecto levarase a cabo en 2019

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, avanzou onte en Silleda o proxecto de "actuación integral" que levará a cabo a Xunta de Galicia na Vía da Prata. Serán tres millóns de euros destinados ao "acondicionamento, mellora e sinalización" desta cada vez máis importante vía de peregrinación a Compostela. O proxecto será consultado cos máis de trinta concellos galegos polos que pasa este camiño. Asímesmo, realizaranse accións de dinamización tamén ao longo do roteiro.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Vía da Prata, Xunta de Galicia, Román Rodríguez...