O conselleiro de Cultura e Turismo, Román RodrÃguez compareceu na mañá deste 28 de outubro ante o Parlamento de Galicia para presentar os orzamentos previstos para o seu departamento de cara a 2020. Segundo revelou, a consellerÃa manexará nese exercicio 157 millóns de euros, un 9% máis do que no anterior, dos cales a súa maior parte irán destinados ao ámbito turÃstico, cun incremento do 15% nos fondos da Axencia de Turismo de Galicia.
Nese sentido, RodrÃguez adiantou que a Xunta investirá 82 millóns de euros, dos cales 62 estarán a cargo da ConsellarÃa, na preparación do Xacobeo 2021. Dentro deste apartado, dez millóns destinaranse á programación cultural asociada ao evento, e outros catro millóns cubrirán o plan de recuperación de bens de interese cultural vencellados ao camiño.
Segundo o conselleiro, as contas para Cultura medran tamén nun 5,4%, arredor de dous millóns de euros. Con estes fondos, a consellarÃa deberá comezar a implementación da Estratexia da Cultura Galega e anuncia incrementos no apoio ao libro galego (un 5% máis), unha nova achega de 800.000 euros ás obras de restauración da Catedral de Santiago e un total de 16 millóns de euros orientados á conservación e rehabilitación do patrimonio cultural.
Do mesmo xeito as propostas de polÃtica lingüÃstica contarán cun 5,3% máis fondos e deberán atender ao Plan de Dinamización da Lingua na mocidade como principal engadido. Pola banda da Agadic, RodrÃguez apuntou unha nova liña de axudas á coprodución minoritaria, un incremento nas axudas á creación de artes escénicas ata acadar os 800.000 euros e a continuidade nos apoios a festivais de música cuns fondos de medio millón.
Para a Cidade da Cultura están previstos 5,7 millóns de euros de investimento para continuar as obras. Ademais, anunciou a posta en marcha do centro de investigación sobre paisaxe e itinerarios culturais que contará cun apoio estatal de 2,4 millóns a través do Centro Superior de Investigacións CientÃficas.