O novo conselleiro de Cultura reafírmase na política lingüística da Xunta

Román Rodríguez compareceu onte ante o pleno do Parlamento

11/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
19 lecturas | Compartido 0 veces
A Xunta continuará a súa política lingüística no campo do ensino. Así o asegurou onte o novo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez na súa comparecencia ante o pleno do Parlamento. No seu discursos Rodríguez rexeitou a posibilidade de derrogar o Decreto para o Plurilingüísmo no ensino que, asegurou, garante o coñecemento da nosa lingua. Ao tempo, reclamou a necesidade dun consenso político para avanzar no emprego social do galego, independente das políticas que se desenvolvan no esino. O titular de Educación e Cultura adiantou ademais un investimento de 18,4 millóns de euros para completar a dixitalización das aulas de 5º e 6º de Primaria e mais as de ESO.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados