A Xunta incrementa en 2,7 millóns de euros os fondos do programa O teu Xacobeo

Un total de 4,7 millóns apoiarán proxectos de dinamización entre 2019 e 2020

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
A Xunta incrementa en 2,7 millóns de euros os fondos do programa O teu Xacobeo

Logo de recibir máis de 600 proxectos na convocatoria aberta O teu Xacobeo, a Xunta de Galicia decidiu ampliar en 2,7 millóns de euros os fondos destinados a este programa. Deste xeito, serán un total de 4,7 millóns os destinados a apoiar proxectos de dinamización de cara ao 2021 propostos por concellos, entidades privadas con ou sen ánimo de lucro ou administracións. O proxecto cofinancia iniciativas de ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social e pretende "implicar e fomentar a participación de todos os axentes da sociedade para deseñar xuntos unha programación sociocultural que anticipe a celebración do Xacobeo 21 e a súa repercusión". Segundo adianta a Consellaría de Cultura, a resolución da convocatoria realizarase "en próximas datas".

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Xunta de Galicia, Gastronomía

Claves

Entidades
Conceptos